Sonia Nóvoa será a encargada de impartilo o próximo sábado 26 no local da asociación, en Vilavidal
Cartaz do obradoiro de baile |
A Escola de Baile Tradicional "Rebulir" organiza un obradoiro monográfico adicado á "postura corporal no baile tradicional", o vindeiro sábado 26 de Marzo. O obradoiro non é de Iniciación, polo que se precisa unha certa bagaxe bailadora, explican dende Rebulir.
Sonia Nóvoa será a encargada de impartilo, unha reputada mestra que ten dado clases Danza en múltiples escolas de Galicia e, incluso, no estranxeiro. Forma parte do Grupo Castro-Floxo, co que leva percorrido infinidade de escearios de todo o mundo. Ademais, foi coñecida por ter sido xurado do Concurso "Vai de Baile" do Programa Luar. O obradoiro é aberto e gratuíto, anque con límite de prazas, existindo prioridade para os socios de Rebulir. Para anotarse ou solicitar información contactar coa organización no teléfono 639 908 005 ou ben no enderezo electrónico mailto:rebulir@hotmail.com..
V Noite de Fiadeiro
Nos próximos días Rebulir presentará o cartaz e o programa da que será a V Noite de Fiadeiro, que se desenvolverá, como sempre, o derradeiro sábado de Abril, este ano día 30. Para seguir máis polo miúdo as informacións desta festa podedes consultar a páxina web habilitada www.noitedefiadeiro.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario