Rebulir abre o prazo de solicitude a grupos e artesáns para a V Noite de Fiadeiro

A gañadora do premio Pura e Dora Vázquez de ilustración deseñará o cartaz da festa

Cartaz da última edición
A Escola de Música e Baile Tradicional “Rebulir” vén de abrir o prazo de solicitude a grupos e artesáns para participaren na Noite de Fiadeiro, que este ano celebra a súa quinta edición. Bailadores, músicos, cantadores, regueifeiros e artesáns xuntaranse no Torreón de San Andrés en Vilavidal, coma cada derradeiro sábado de abril, para recrear unha festiva noite de fiadeiro.

Nesta edición a organización contará coa participación da artista Nuria Díaz para deseñar o cartaz anunciador. Esta arousá licenciada en Belas Artes é a actual gañadora do premio Pura e Dora Vázquez polas súas ilustracións do libro Palabra era un universo paralelo, escrito por Xoán Barro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario