María José Blanco será a candidata do PSOE en Bande

Considera que a situación estratéxica de Bande, a súa riqueza cultural e a súa riqueza natural “son os principais valores do concello"

Nota prensa PSOE

María José Blanco
A candidata socialista en Bande, María José Blanco González, aposta polo cambio nun concello onde o desenvolvemento ten que vir da man do turismo rural e cultural, así como da explotación dos recursos propios.

Blanco considera que a situación estratéxica de Bande, a súa riqueza cultural, que inclúe vestixios celtas e visigodos, as termas romanas, a súa riqueza natural, próxima á serra do Xurés, e cun amplo mapa fluvial que posibilita a práctica de diversos deportes e da pesca, “son os principais valores do concello, e os que hai que potenciar de cara a revitalizar Bande e fixar poboación”. Ademais, aposta polo aumento de solo industrial para fomentar a instalación de novas empresas e a creación de postos de traballo, así como pola mellora do comercio e dos servizos.

Bande non pode seguir sendo un pobo de paso; xa é hora de que nos preocupemos, de que tratemos de potenciar o traballo para a nosa xente xoven e que non teña que marchar”, afirma. Tamén apunta que as políticas sociais son una prioridade, e “especialmente a atención aos nosos maiores, que son a nosa responsabilidade”. Blanco afirma que os socialistas afrontan a campaña electoral con moito entusiasmo e co obxectivo de espertar á xente de Bande para lograr un cambio necesario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario