B.V./Galiciae
Texto de Frei Sarmiento sobre o Tombo |
Chamábanse Pedro Díaz e Muño Vandilaz os dous homes que o 16 de abril de 1061 protagonizaron o primeiro matrimonio homosexual datado en Galicia e un dos primeiros de Europa. Foi no municipio ourensán de Rairiz de Veiga vai facer agora 950 anos, e o documento histórico que supón a acta que recolle este feito atopouse no Tombo do Mosteiro de Celanova, que hoxe está depositado no Arquivo Histórico de Madrid.
"Antes do século XI o prexuízo homosexual non tiña nin a fama nin a forza que ten hoxe", explica Carlos Callón, quen incorporou este e outros rechamantes datos no seu ensaioAmigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, merecente do XVI Vicente Risco de Ciencias Sociais. Ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario