Nota de prensa PSdeG
O portavoz socialista e candidato á alcaldía da Merca, David Outomuro, censura a arrogancia, prepotencia e falta de transparencia amosada polo alcalde no pleno de onte cando foi preguntado pola oposición por diversos temas de interese xeral para o concello. Outomuro considera que esta actitude do rexedor municipal responde ao seu nerviosismo por estar no punto de mira dende que saltara ao coñecemento público que está cobrando do erario municipal 4.874,80 euros ao mes dende o pasado 1 de xaneiro, data na que foi dado de alta na Seguridade Social, pese a que os orzamentos non foron aprobados definitivamente ata finais de febreiro.
Neste sentido, Outomuro apunta que pese a que agora afirman o alcalde e o seu secretario que “foi un erro administrativo”, o feito de que a excedencia no seu traballo habitual comezara precisamente nesa mesma data demostra que foi absolutamente premeditado. “Onde está o control do gasto público e a austeridade da que tanto presumen o Sr. Feijóo e o Sr. Rajoy?”, pregunta o edil socialista. O candidato á alcaldía propón “acabar con este despilfarro e derroche que impuxo o alcalde eliminando o seu soldo, e erradicar a política caciquil e clientelar propia do Concello da Merca nos últimos anos”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario