Cartaz contra a incineradora |
A instalación dunha incineradora de residuos no sur de Galicia segue á procura dunha ubicación nalgún concello ourensán. Os grupos políticos de Xinzo de Limia xa rexeitaron a posibilidade de ubicala no seu concello, polo que xa se está a falar doutros municipios como A Merca e Verea. A difusión destes rumores está a provocar certo malestar entre a veciñanza de Verea, que xa convocou unha reunión urxente para analizala situación o venres ás 20:00 horas na gasolineira.
Os convocantes rexeitan de plano que o municipio celanovés albergue a futura planta de residuos polos perigos ambientais que suporía, pero o que solicitan fundamentalmente é que as autoridades políticas ós poñan ao corrente da situación. Desde TERRADENTRO seguiremos a informar sobre o desenvolvemento dos acontecementos e as decisións adoptadas na reunión veciñal.
1 comentario:
Convocase unha segunda xuntanza, desta vez na plaza de verea, o sabado dia 30 de abril as sete da tarde. Esperase a participacion de todolos veciños. Un saudo
Publicar un comentario