Medio Rural da por extinguido un novo incendio en Muiños

O lume arrasou con 35 hectáreas, según as estimacións provisionais, que se suman ao outro milleiro que leva ardido no Xurés este ano


O lume arrasa co Xurés
O incendio rexistrado na parroquia de Parada de Ventosa, concello de Muíños, iniciouse a pasada noite, xoves, ás 22:30 horas e quedou extinguido ás 7:53 horas desta mañá, informa a consellería de Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas, das cales 20 son de arborado e 15 de monte raso. A estas alturas xa son máis dun milleiro as hectáreas queimadas nos concellos incluídos dentro do parque natural do Xurés, sendo os Bande, Lobios e Muiños os concello máis afectados ata o momento. Nos traballos de extinción do lume rexistrado onte en Muiños participaron 2 axentes forestais, 8 brigadas e 4 motobombas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario