O edil expulsado do PP en Gomesende creará o seu propio partido

Óscar Pereira, destitutido por "motivos persoais" a pasada semana, presentarase á alcaldía nunha lista independente


Todo apunta a que serán cinco formacións políticas as que concurran ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio en Gomesende. As candidaturas de PP, PSdeG, BNG e Movemento Democrático de Gomesende, uniráselle a dun novo partido independente encabezado por Óscar Pereira. A lo menos están son as intencións do exconcelleiro de Obras e Urbanismo tras ser expulsado do grupo de goberno municipal de Gomesende fai apenas unha semana. As siglas aínda non se deron a coñecer nin consta o rexistro do partido no Ministerio de Interior. O censo electoral do concello é un dos máis pequenos de Galicia con menos dun milleiro de votantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario