Celebrarase o vindeiro sábado 16 a partires das 9:00 horas
Cartaz da presente edición |
A camiñata de Entrimo chega este sábado 16 a súa oitava edición cunha ruta de 50 quilómetros. O percorrido está dividido en tres etapas, que se deberán superar en 12 horas. A andaina partirá as 9:00 horas da praza do Concello e pasará por Pacín, Pegouras, Moura e Pedreiriño nunha primeira etapa de 20 quilómetros. A segunda etapa, de 22 quilómetros, pasará por Ponte Covas, Regato da Illa e Pereira. A terceira e última etapa ten unha ruta de 8 quilómetros por Casal, Gález e Olín. O prazo de inscrición da VIII Camiñata de Entrimo aínda está aberto e pódese cubrir online premendo aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario