Rexístrase un novo partido político en Gomesende

Resposta ás siglas MDG (Movemento Democrático de Gomesende) e concurrirá ás eleccións municipais do 22 de maio.


Logotipo do Movemento Democrático de Gomesende


Despois de que a alcaldesa independente, Pura Rodríguez, fixese público o seu regreso ás filas populares para encabezar as listas polo PP, os trasfegos políticos continúan no Concello. O último, é o rexistro na Dirección Xeral de Política Interior dun novo partido independente chamado Movemento Democrático de Gomesende (MDG), con sede no nº 13 de San Lorenzo. Polo que puido saber o xornal TERRADENTRO, este enderezo pertence a un coñecido traballador do Concello, que sería o cabeza de lista desta formación política nas próximas elección municipais do 22 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario