Feijóo inaugura o auditorio "Ilduara" de Celanova

O presidente vaticinou que se convertirá no "referente cultural desta vila"


O edificio conta con 350 butacas

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Auditorio Ilduara de Celanova (AMIC), inaugurado hoxe, se converterá “nun referente para a cultura desta vila e de toda a súa comarca” e axudará a reforzar o papel “singular” deste concello dentro da cultura galega.
Na súa intervención, o presidente da Xunta referiuse á cooperación entre o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia, que fixo posible a construción desta infraestrutura cultural e felicitou aos veciños de Celanova e a “todos aqueles que soñaron esta idea que hoxe vemos convertida en realidade”. “Unha felicitación obrigada por seren capaces de configurar día a día unha vila que se sinte orgullosa e dá testemuña do seu pasado, pero que non mira a este pasado só con saudade, senón que, con obras como este auditorio, é capaz de proxectarse de cara ao futuro e mostrarse ao mundo ao mesmo tempo que absorbe todo o que o resto do mundo lle pode ofrecer para mellorar”, afirmou.
Feijóo lembrou, tamén, o papel desta vila ourensá na cultura galega, sendo berce dalgúns dos máis recoñecidos poetas da nosa literatura. Por iso sinalou que Celanova “se pode considerar como un referente singular na cultura galega” e que non debe de estrañarnos que, neste comezo do século XXI, “queira seguir sendo ese referente cultural” e queira “abrirse ao mundo e que o mundo se achegue a Celanova”.

1 comentario:

Anónimo dijo...

cal é o aforo do "tan desexado" auditorio??

Publicar un comentario