A mostra estará exposta até o 31 de marzo no salón de actos do Concello de Bande
Unha das pezas do artista |
O salón de actos do Concello de Bande acollerá a partir do día 24 e ata o 31 de marzo unha excepcional exposición do escultor banduense Adolfo Fernández Dafonte. A mostra que se inaugurará o día 24 de marzo ás 20:00h. estará aberta ao público gratuitamente tódolos días en horario de mañá e tarde.
As 38 pezas, realizadas en arxila, que compoñen a colección son unha homenaxe ao mundo rural galego onde desfilan afiadores, pulpeiras, emigrantes, barbeiros etc. Figuras próximas, feitas para ser “entendidas” por tódolos públicos e detrás das que se agocha unha ardua labor de cocción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario