A Consellería de Traballo e Benestar vén de asinar sendos convenios cos Concellos de Cartelle e A Merca, na provincia de Ourense, para a construción dunha escola infantil. Xa asinados os convenios e cando remate a redacción dos respectivos proxectos, procederase á licitación das obras co obxectivo de que os novos centros infantís, de 20 prazas cada un, poidan entrar en funcionamento cara a finais deste ano. Tras as 1.700 novas prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos que entraron en funcionamento no que vai de lexislatura, a Consellería de Traballo e Benestar proxecta crear ao longo de 2011 outras 1.000 novas en concellos das catro provincias.
Desas novas prazas previstas para este ano, en Ourense, ademáis de Cartelle e A Merca poranse en funcionamento novas escolas nos concellos de Oimbra e de Verín, coas que A Rede de Escolas Infantís de Galicia e Galiña Azul acadará os 29 centros 0-3 na provincia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario