Bande é o segundo concello máis beneficiado polas subvencións da Deputación para festas

A axuda económica ascende a 4.657 euros, só por detrás do Concello de O Barco, que recibiu 6.000 euros


J. Fraiz/Faro de Vigo

Cartel Festa do Peixe 
A Deputación de Ourense osixena as contas maltreitas pola crise de sesenta concellos. Faino ademais nun procedemento regulado de concurso público sen deixar, como sucede coas subvencións nominativas, a repartición dos fondos ao criterio exclusivo do presidente Baltar.

Sesenta concellos benefícianse de axudas por valor conxunto de 108.000 euros que teñen como fin sufragar feiras, actividades culturais e deportivas, celebracións populares ou festas gastronómicas. O ente provincial axuda a pagar, por exemplo, a celebración do Entroido en catorce concellos distintos.



Un dos concellos que máis axuda económica recibe (4.657 euros, en total) pola súa proposta de actividades é o concello de Bande que goberna José Antonio Armada (PP). O alcalde ostenta, así mesmo, un dos postos de secretario executivo no organigram do PP de Ourense que comanda José Manuel Baltar.

En Bande, terán subvención a Festa do Peixe (1.030 euros); a Feira de Mostras de Produtos Endóxenos (1.046); o Entroido (1.085); as V Xornadas de Historia, Cultura e Dereito (708 euros) así como os Encontros de Teatro Escolar e Amateur (786). Ler máis

No hay comentarios:

Publicar un comentario