Un bloom de cianobacterias contamina o encoro das Conchas en Bande

O Concello recomenda á poboación absterse do baño na praia de Porto Quintela


Pozas de Porto Quintela

A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública informou ás autoridades poíticas do Concello de Bande sobre a detección dun bloom de cianobacterias no encoro de As Conchas pola Guardería. Os técnicos da Confederación Hidrográfica Miño – Sil deron conta desta situación que podería provocar "posibles riscos para a saúde", se ben, non comunicaron a orixe da contaminación. O alcalde da localidade banduense, José Antonio Armada, explicou que "estamos moi sensibilizados e preocupados co tema", polo que "poñemos a disposición das autoridades sanitarias tódolos medios posibles ao noso alcance para encontrar as causas e solucionar esta cuestión".

Por este motivo, e até novas indicacións, dende o Concello recomendan á poboación absterse do baño na praia de Porto Quintela "para evitar situacións de posibles riscos para a saúde", e aseguran que "xa se tomaron as primeiras medidas para a súa indicación".

No hay comentarios:

Publicar un comentario