Foro sobre "patrimonio inundado" en Bande

O sábado abordaranse as consecuencias da construcción do encoro de As Conchas

Encoro de As Conchas
Nota de prensa do Concello
En torno ao ano 1948/49 a construción do encoro de As Conchas muda a vida social, comercial e cultural da veciñanza asentada nas aldeas afectadas pola inundación. Situámonos neste contexto para abordar as diversas consecuencias que este feito carrexou na comarca, no “foro sobre patrimonio inundado” que o sábado día 18 de xuño ás 19:30h. terá lugar no Centro de Interpretación Aquis Querquennis sito en Porto Quintela (Bande).
Focalizarase principalmente no patrimonio cultural asolagado. Citemos pois o asentamento romano Aquis Querquennis sito en Porto Quintela (Bande), ou estruturas de gran valor da nosa arquitectura viaria. Ponte Pedriña, Poldrado de Porto Quintela, Ponte Nova e Ponte Cabanas, cada unha no seu estilo, atesouran a riqueza da arquitectura da auga na nosa zona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario