A candidatura está liderada por Roberto Diéguez
Os candidatos co presidente provincial do partido, Manuel Baltar |
A candidatura do Partido Popular de A Mezquita, liderada polo economista Roberto Diéguez, de 37 anos, márcase como obxectivo recuperar a Alcaldía para o PP contando para elo con toda a cidadanía e dándolle protagonismo a todos os núcleos de poboación do municipio. Desta maneira, Roberto Diéguez, terá no seu equipo a representantes de todos os pobos, para levar a cabo un ambicioso programa de goberno para os vindeiros catro anos, que contará co apoio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.
O acto de presentación da candidatura contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen animou ao Roberto Diéguez e ao seu equipo "a representar con responsabilidade as siglas do PP nun contexto político no que os proxectos socialista e nacionalista éstán esgotados". Pola súa banda, Diéguez afirmou que "o programa que imos poñer en marcha a partires do 23 de maio é unha suma de proxectos e realidades que A Mezquita e a súa contorna necesitan para encarar o progreso da nosa comarca", engadindo que A Mezquita "necesita un goberno Popular como o da Deputación de Ourense e o da Xunta de Galicia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario