O vindeiro sábado celebrarase unha nova reunión para acordar a adhesión á plataforma da Limia e configurar un frente común na provincia
No día de onte, sábado, reuníronse diante da Casa da Cultura de Verea ao redor de medio cento de veciños do Concello de Verea para intercambiar información sobre a posibilidade da instalación dunha planta incineradora na contorna. Á mesma foron invitados tódolos grupos políticos con representación municipal; invitación que o propio rexedor do grupo popular declinou, ao mesmo tempo que negou un salón municipal para a mesma (segundo quedou patente na reunión celebrada ao aire libre).
Na reunión tratouse a contraditoria e nada tranquilizadora información que, a conta gotas, vai saíndo na prensa, ademais dos crecentes rumores que van situando a Verea entre as candidatas. Asimesmo, acordouse ampliar a convocatoria a tódolos concellos da comarca de Celanova e da Baixa Limia nunha nova reunión, que se celebrará o vindeiro sábado, día 7 de maio, ás 19:00 horas, de novo diante da Casa da Cultura, ademais da oficialización da plataforma veciñal. A partires de hoxe, recolleránse sinaturas por toda a comarca para amosar a rotunda oposición á instalación dunha macro-planta incineradora na contorna, de consecuencias gravísimas para o medio ambiente e a saúde de tódolos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario