O PSdeG de Padrenda denuncia que a falta de liquidez do Concello impedirá a realización do Plan Provincial

O portavoz, Francisco Estévez, censura a falta de convocatoria de plenos ordinarios convertendo o Concello "nunha dictadura oculta”

Nota prensa PSdeG

Os socialistas de Padrenda denuncian a caótica situación do Concello onde non se poderán levar a cabo as obras do Plan Provincial polo feito de non ter liquidez.
O portavoz socialista, Francisco Estévez, sinala que no concello hai 57 quilómetros de pistas intransitables e “agora o alcalde está a dar limosnas para pequeñas obras porque estamos moi próximos ás eleccións municipais”.
Estévez critica tamén que a falsa austeridade da que tanto presume o PP ten en Padrenda un fiel seguidor, xa que o alcalde non reduce nin en un só euro nin o seu soldo nin os gastos en dietas e quilometraxe”.
Por outro lado, o portavoz socialista censura a falta de convocatoria de plenos ordinarios, o que converte o Concello de Padrenda nunha dictadura oculta”.
Por último, Estévez quere agradecer ao pobo de Padrenda o seu apoio durante estes anos, e anuncia que por circunstancias persoais e razóns de saúde deixa de ser a cabeza visible dos socialistas no Concello, aínda que seguirá traballando na Agrupación Local Socialista para mellorar a vida dos veciños de Padrenda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario