José Luis Abadín estrénase con éxito na Fórmula 2

O piloto celanovés rematou decimosexto, tres postos por diante do que ocupou na clasificación de saída


O xoven piloto José Luis Abadín
O xoven piloto ourensán Jose Luis Abadín debutou a pasada fin de semana no circuito inglés de Silverstone na primeira das probas do campeonato FIA Fórmula 2 Championship, antesala da F1. O celanovés rematou decimosexto, tres postos por diante do que ocupou na clasificación de saída. Outro español, Miki Monrás, logrou un terceiro posto na primeira carreira do campionato, disputada no circuito británico de Silverstone.

 Por primeira vez, Abadín pilotou o seu monoplaza coa imaxe de “Ourense Capital Termal”, grazas a aposta que a Concellería de Turismo da cidade fai por esta xoven promesa do deporte “nunha nova acción promocional que pensamos ten moita proxección de futuro: o automobilismo deportivo é unha actividade que esperta moitísimo interese no Estado e colocar a imaxe de Ourense alí é asegurarmos presenza en circuitos exclusivos desde o que promocionar a nosa oferta turística”. Abadín convírtese así en embaixador da imaxe da cidade neste deporte de élite, “algo do que me sinto moi orgulloso. Aspiro a demostrar que tanta potencia ten Ourense como cidade termal coma eu como piloto nos circuitos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario