O programa pretende achegar aos escolares os valores históricos e culturais de Celanova
Concellodecelanova.com
O Concello de Celanova, en colaboración co departamento de órgano do Conservatorio de Música de Ourense, que dirixe a profesora Marisol Mendive, deseñaron un proxecto cultural e educativo denominado “Concertos didácticos de órgano”, único en Galicia e pioneiro na súa concepción no resto de España, que ten como “consumidores” potenciais os centros escolares a través do profesorado da materia de música de cada centro.
En poucas palabras o programa pretende utilizar o órgano histórico da igrexa do Mosteiro de Celanova (que se atopa magnificamente restaurado dende o ano 2001) para que os alumnos dos centros escolares e dos Conservatorios Institutos de Galicia poidan coñecer de preto este monumental instrumento e ó mesmo tempo poder achegarse tamén ó resto dos valores históricos e culturais que conserva Celanova e o seu radio monumental de influencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario