Escolares no último concerto de órgano |
O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asistiron ao acto na Deputación de Ourense. O obxectivo é lograr que os estudantes coñezan o histórico instrumento da igrexa de San Salvador.
A Xunta de Galicia apoiou hoxe a presentación do programa de actividades da unidade didáctica dos concertos de órganos da Igrexa San Salvador de Celanova. No acto celebrado esta tarde na deputación de Ourense estiveron representadas a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través do director de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e a de Cultura, co director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López. Xunto a eles tamén estivo o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario