Xunta, Deputación e Concello lideran o proxecto con visión comarcal
La Región
Vista xeral do Concello de Bande |
O Concello de Bande vén de chegar a un acordo coa Consellería de Traballo e Benestar para a posta en marcha do Centro de Formación Ocupacional para discapacitados psíquicos da comarca.
O grupo de goberno que preside José Antonio Armada asinará nos vindeiros días un convenio de colaboración co departamento que preside Beatriz Mato, polo cal o organismo autonómico comprométese a participar na xestión do servizo. “Estamos traballando xa na creación dunha fundación que será a encargada da súa xestión coa colaboración do Concello, a Deputación provincial e a Xunta, a través da Consellería de Traballo e Benestar”, explicaba Montse Vázquez, técnica municipal encargada da coordinación do proxecto. Ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario