A candidata socialista presenta esta novidosa campaña e afirma que o seu equipo “leva moito tempo traballando para constituirse nunha alternativa"
Nota de prensa PSOE
Formulario para peticións |
Os socialistas de Celanova elixiron en asamblea extraordinaria a María Jesús Boo como candidata á alcaldía nas próximas eleccións municipais.
Boo preséntase cun equipo ilusionado e con moitas ganas de traballar e cambiar Celanova.
"É un dos retos máis importantes da miña vida no que vou a ir acompañada dun equipo onde se mezcla experiencia e novidade, con xente que aporta unha grande ilusión e que é consciente de que Celanova tocou fondo, e que a partir de agora, co cambio, toca levantarse, elevar a autoestima e traballar por un pobo con grandes potencialidades aínda sen explotar", afirma.
Como primeira iniciativa de campaña os Socialistas de Celanova poñen en marcha a busca da participación dos veciños na elaboración do programa electoral.
“Preguntamos aos veciños que queren que o Concello faga por eles, polos nosos mozos, polos nosos maiores… en definitiva, incluir nas prioridades da acción de goberno as necesidades reais dos cidadáns de Celanova”, afirma Boo.
A candidata socialista apunta que o equipo leva moito tempo traballando intensamente para constituirse nunha alternativa de goberno real e necesaria para Celanova.
“Pedimos confianza para os Socialistas de Celanova, igual que nós confiamos nos nosos veciños e pedimos que participen nesta campaña dicindo qué queren do novo goberno", engade.
“Fronte á parálise do Partido Popular que deixa morrer pouco a pouco a Galicia interior, os Socialistas de Celanova queremos unha vila moderna que teña as persoas no centro da súa vida política”, conclúe.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do PSdeG-PSOE
No hay comentarios:
Publicar un comentario