O PSdeG celebrou un mitín no que tamén participou a exministra Elena Espinosa
Nota de prensa PSdeG
A secretaria de Organización provincial, María Quintas, apoiou hoxe en Bande a candidatura de María José Blanco á alcaldía deste concello, e instou aos veciños a dar un paso adiante cara un goberno de progreso como xa fixo Entrimo, Calvos de Randín e Lobios”. Quintas salientou que “no partido xudicial de Bande a imaxe predominante do PP é a de José Luís Baltar, ante a ausencia dos candidatos nos carteis electorais”, e explicou a importancia deste feito, xa que “durante anos o Partido Popular comprou a vontade de moitos galegos residentes no exterior coas mesmas prácticas que hoxe pon en práctica ao longo da provincia de Ourense”.
“Para o PP todo se reduce á compra-venda, e mentres o Partido Socialista liderou sempre as políticas para as persoas, o Partido Popular utiliza as persoas en beneficio duns cantos, nin sequera en beneficio de todos os votantes do PP”. Quintas lembrou que “ao PP, os emigrantes só lle interesaron para poder gañar eleccións, pero non para axudarlles a arranxar os seus problemas”. Así recordou que Feijóo privatizou o Hospital de Bos Aires, e deixou á maioría dos emigrantes sen a posibilidade de poder pagar o seguro sanitario.
No mitin no que tamén interviu a deputada e exministra Elena Espinosa, Quintas explicou que “Bande necesita dunha alcaldesa socialista que coñeza moi ben os seus problemas e teña alternativas para darlle unha volta ao concello e convertelo nun enclave histórico e turístico destacado, porque Bande é a porta de entrada ao Parque Natural do Xurés”. Nesta liña engadiu que depois de trinta anos de abandono e inversión nula na comarca de Bande dos gobernos do PP, foi a Xunta presidida por Touriño a que mellorou infraestruturas, saneamento, e devolveu a dignidade aos veciños de Bande. Por último, dixo que “a instrumentalización da Xunta e da Deputación en beneficio dos intereses particulares só é comparable coa perda de dereitos de todos os ourensáns e de todos os galegos”.
A candidata á alcaldía de Bande, María José Blanco González, afirmou que “Bande non pode seguir sendo un pobo de paso”. Blanco considera primordial potenciar o “traballo para a nosa xente xoven, conseguir un maior interese tanto no turismo, como no comercio e nos servizos, así como mellorar a atención aos maiores, especialmente os servizos sanitarios”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario