O Museo Municipal abrirá o luns ao público unha mostra sobre o gaiteiro, zanfonista e musicólogo
La Voz de Galicia
Santalices tocando a zanfona |
O Auditorio de Ourense acollerá un congreso sobre Faustino Santalices e a música tradicional galega. O congreso desenvolverase nos días 11 e 12 de marzo e forma parte dunha serie de iniciativas que se enmarcan nas actividades que acollerá o Concello de Ourense vencelladas á emblemática figura de Faustino Santalices (1877 - 1960), á música tradicional e, de xeito particular, á zanfona, instrumento ao que tanto pulo lle diu o musicólogo natural de Bande. As actividades deste proxecto comenzarán o luns no Museo Municipal de Ourense. Ese día, ás 11.30 horas procederase á inauguración da exposición Faustino Santalices. Tradición Musical Galega. O proxecto é unha proposta comisariada por Félix e Cástor Castro, músicos e responsables da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, que xa se pudo ver no segundo semestre do 2010 no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario