A pintoresca e entrañable casa do Moncho protagonizá o segundo programa de "De Bares"
La Voz de Galicia
Vista xeral mosteiro de Celanova |
Ourense a é terra de bares e a provincia non podía faltar ao novo programa que V Televisión emite, precisamente, baixo o nome de De bares. O primeiro negocio ourensán que terá a honra de participar neste espazo será a Taberna do Tellado de Celanova, cunha historia e particularidades que se coñecerán en toda Galicia mañá ás 23:00 horas, despois de Vía V.

O estreno de Ourense no programa non podía ser cun local máis orixinal que o celanovés. Rexentado dende 1975 por Ramón Rodríguez Mouriño -máis coñecido como Moncho- é un punto de encontro para a veciñanza da vila, cun ambiente especialmente cultural pola súa clientela e pols fotografías históricas que se expoñen nas súas paredes.
O seu nome, Taberna O Tellado, débese ao tellado que cubre a barra, anque Moncho é o maior atrctivo que ten o negocio. Leva toda a vida adicado á hostalería e con este negocio encontrou a estabilidade e o pracer de traballar. Gústalle tanto, que non é raro que arrinque coa súa armónica a improvisar algunha canción para animar á clientela. "Vivo a taberna a tope", confesa. Ler máis
No hay comentarios:
Publicar un comentario