Un xornal para ler e escribrir: publica libremente as túas noticias

Se pertences a algunha entidade (pública ou privada), asociación, colectivo veciñal, ou participas en calquera tipo de actividade (política, social, cultural, deportiva...) relacionada coa comarca de Celanova e Baixa Limia, TERRADENTRO é o teu espazo dixital para difundir libremente toda a información que consideres de interese para a veciñanza da contorna. Noticias, notas de prensa, artigos de opinión, convocatorias...

Este blog é a versión de probas do xornal dixital de información local TERRADENTRO, que botará a camiñar formalmente (cun deseño profesional propio dun medio de comunicación) nas próximas semanas.

TERRADENTRO non é un medio de comunicación tradicional, no que a dirección escolle e elabora as informacións que difunde, senón un medio participativo, onde os propios lectores teñen a capacidade de difundir as súas propias noticias, completar as dos demais ou xerarquizalas en base ao seu interese (tecnoloxía que se incorporará na páxina web que albergará ao xornal Terradentro).

Calquera pode participar en TERRADENTRO, publicando libremente ou co asesoramento de xornalistas. Tamén comentando ou guiándonos sobre as informacións que che interesen. A colaboración é imprescindíbel para crear un espazo de encontro entro tódolos colectivos e veciños da comarca, tanto para crear un debate plural, como para que nin un só dos acontecementos relacionados con Celanova se quede fóra de TERRADENTRO.

Se estas interesado en colaborar coas túas informacións no futuro proxecto do xornal TERRADENTRO podes contactar connosco no enderezo:
xornalterradentro@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario