![]() |
| Subida A Bola-Furriolo na OU-131 |
Un terzo da poboación bolesa (no concello residen 1.423 habitantes segundo o Instituto Nacional de Estadística) verase beneficiada pola obra de acondicionamento da estrada secundaria OU-131. A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas confirmou a inminente execución da obra, cuns custos que alcanzarán o importe de 1.624.900 euros, "previsiblemente no vindeiro mes de febreiro, unha vez que rematen ca deracción do plan de seguridade", sinalaban os técnicos do departamento que preside Agustín Hernández.












No hay comentarios:
Publicar un comentario