A ausencia de investimentos marcará o 2011 en Entrimo

La Región

O orzamento de 830.500 euros destinará un 75,1% a sufragar gastos correntes e de persoal

O pleno do concello de Entrimo ven de aprobar os orzamentos municipais para o 2011 cun importe de 830.500 euros. Unha previsión que diminúe nun 3,8% respecto aos 862.452 euros aprobados no 2010. As contas, rexeitadas polas tres edís populares na oposición, "non ofrecen moita marxe de manobra", confesaba o alcalde socialista de Entrimo, Ramón Alonso, quen sinalaba que "os orzamentos respostan a unha previsión de subsistencia co obxectivo de garantir os servizos sociais destinados ós colectivos máis desfavorecidos, afrontar o gasto corrente e unha pequena partida de investimentos".

Segue a ler a noticia premendo aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario